viernes, 30 de enero de 2009

O PSdG-PSOE DE BAIONA PRESENTA ALEGACIÓNS AO PLAN XERAL

O PSdG-PSOE de Baiona solicita a redacción dun novo documento, buscando, dende o principio, o consenso de todolos grupos políticos e axentes sociais para dar solución aos problemas reais do municipio.



“Ante o manifesto incumprimento da legalidade vixente, así como a gran variedade de problemas, erros, ambigüidades e inseguridade xurídica que a aprobación do documento plantexaría á inmensa maioría dos cidadáns de Baiona, procédase á redacción dun novo documento, buscando, desde o principio, o consenso de todos os grupos políticos e axentes sociais para dar solución aos problemas reais do municipio, e que aposte de forma decidida por un urbanismo sustentable ambiental, económica, social e culturalmente, que de solución ás necesidades reais de vivenda dos baioneses e rexeite a dispersión urbanística e voraxine construtivo de anos pasados a fin de preservar a identidade e fisonomía do noso concello.”


As alegacións poden ser descargadas da páxina web do PSdG-PSOE de Baiona no enlace seguinte:

http://www.baiona.psdeg-psoe.org/archivos/284archivo.pdf

martes, 2 de diciembre de 2008

ANUNCIO DA APROBACIÓN INICIAL DO PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL

O Pleno da Corporación, en sesión extraordinaria do 24 de novembro de 2008, prestou aprobación inicial ao documento do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Baiona, redactado pola consultora Servicat, o que se somete ao período de exposición ao público durante o prazo de dous meses contados a partir do día seguinte á publicación deste anuncio no DOG, para os efectos de que os interesados examinen o expediente na Secretaría Xeral do Concello e, de ser o caso, presenten as ALEGACIÓNS que consideren oportunas de conformidade co artigo 85 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia en relación co artigo 7 da Lei 6/2007. A aprobación inicial do documento do PXOM determina a suspensión automática das licenzas nos termos sinalados no artigo 77 da Lei 9/2002 e acordo plenario do 24 de novembro de 2008.

¿E AGORA QUÉ?


Como xa dixemos, parecíanos sospeitosa a présa con que o Sr. Alcalde convocaba o pleno extraordinario para aprobar o Plan Xeral precisamente cando a CPTOPV anunciáralle que en pouco tempo tería o seu informe. Despois de meses, para que as présas?

Os feitos empezan a explicar os motivos: o plan aprobado pola maioría PP-Vilar é gravemente corrixido pola COTOP, á que compete velar pola súa LEGALIDADE. Que esperaba o Sr. Alcalde? Que unha aprobación polo Pleno ía salvar o Plan? Que a legalidade ía quedar condicionada pola maioría? Que non habería oposición dentro do municipio?Que o grupo de beneficiarios é máis numeroso que o de prexudicados por un Plan de urbanización que se presenta competindo con Vigo!? En que cidade artificial están a pensar? Nunha cidade industrial? Nunha cidade pantasma?

A Lei do Solo de 2002 (do propio PP!) pon límites a estes desmáns e non podemos máis que felicitarnos diso: todos sairemos gañando se se presta atención a outros intereses distintos da simple expansión do chan urbanizado. E iso é o que o informe da COTOP di: que ese Plan é un desmán e que hai que pórlle límites.

O normal sería agora que o Sr. Alcalde retirase o seu Plan, volvese repensarllo e arrombáseo para sometelo ENTÓN a exposición pública. Que pretende? Non volver expolo? E se ten que volver facelo, por que non o fai xa? Para que se mantén aberto un prazo de alegacións de dous meses sobre un Plan que quedou obsoleto apenas aprobado? Que sentido ten perder eses dous meses?

A agrupación socialista de Baiona maniféstase contraria a esta forma de actuar que non nos parece suficientemente transparente e pide ao Sr. Alcalde que retire o seu Plan e volva presentalo, unha vez corrixido, para garantir o respecto da legalidade vixente. Ruborizo provócanos que este asunto se expoña nestes termos.

Polo demais, convén que saiba o Sr. Alcalde que os socialistas, quéirao él ou non, denos ou non a palabra, temos algo que dicir neste asunto e imos dicilo.