martes, 2 de diciembre de 2008

¿E AGORA QUÉ?


Como xa dixemos, parecíanos sospeitosa a présa con que o Sr. Alcalde convocaba o pleno extraordinario para aprobar o Plan Xeral precisamente cando a CPTOPV anunciáralle que en pouco tempo tería o seu informe. Despois de meses, para que as présas?

Os feitos empezan a explicar os motivos: o plan aprobado pola maioría PP-Vilar é gravemente corrixido pola COTOP, á que compete velar pola súa LEGALIDADE. Que esperaba o Sr. Alcalde? Que unha aprobación polo Pleno ía salvar o Plan? Que a legalidade ía quedar condicionada pola maioría? Que non habería oposición dentro do municipio?Que o grupo de beneficiarios é máis numeroso que o de prexudicados por un Plan de urbanización que se presenta competindo con Vigo!? En que cidade artificial están a pensar? Nunha cidade industrial? Nunha cidade pantasma?

A Lei do Solo de 2002 (do propio PP!) pon límites a estes desmáns e non podemos máis que felicitarnos diso: todos sairemos gañando se se presta atención a outros intereses distintos da simple expansión do chan urbanizado. E iso é o que o informe da COTOP di: que ese Plan é un desmán e que hai que pórlle límites.

O normal sería agora que o Sr. Alcalde retirase o seu Plan, volvese repensarllo e arrombáseo para sometelo ENTÓN a exposición pública. Que pretende? Non volver expolo? E se ten que volver facelo, por que non o fai xa? Para que se mantén aberto un prazo de alegacións de dous meses sobre un Plan que quedou obsoleto apenas aprobado? Que sentido ten perder eses dous meses?

A agrupación socialista de Baiona maniféstase contraria a esta forma de actuar que non nos parece suficientemente transparente e pide ao Sr. Alcalde que retire o seu Plan e volva presentalo, unha vez corrixido, para garantir o respecto da legalidade vixente. Ruborizo provócanos que este asunto se expoña nestes termos.

Polo demais, convén que saiba o Sr. Alcalde que os socialistas, quéirao él ou non, denos ou non a palabra, temos algo que dicir neste asunto e imos dicilo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario