martes, 2 de diciembre de 2008

O PSdeG PSOE DE BAIONA PRESENTA ALEGACIÓNS Ó PEPCHAB


O PEPCHAB debe ser ante todo un Plan de protección, polo que é primordial que priorice os elementos a conservar e que estes sexan os que marquen as liñas de actuación, pois no caso contrario deberíase descatalogar todo e facer do casco outra cousa, dando a tódolos veciños as mesmas oportunidades, polo que avogamos para que se atenda de verdade á súa conservación e realicemos un plan que de verdade a contemple.



Ante a gran variedade de problemas, erros, ambigüidades, e inseguridades que a aprobación deste documento plantexaría para os cidadáns de Baiona, e dado que estes afectan é práctica totalidade dos inmobles, solicitamos se faga un estudio máis pormenorizado do casco histórico, se comprobe ficha a ficha a realidade das edificacións, se xustifiquen debidamente os criterios en caso de disparidade, se corrixan os erros, e dado que efectuados estes cambios, o mesmo suporía a modificación de máis do 80 % do documento, se redacte de novo y se volte a someter a información pública para que tódolos veciños poidan ter constancia da situación na que quedan os seus inmobles e voltar a presentalas alegacións que fosen pertinentes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario